22 nov. 2014

A FUNDACIÓN GRAXA -ESCOLA DE CARAPUCHIÑA VERMELLA

CUN ORIXINAL TEXTO DA MESTRA ANA E UNHA POSTA EN ESCEA DOS ALUMNOS DA ESO,  PUIDEMOS ASISTIR, NO AUDITORIO DE CANGAS, DENTRO DO PROXECTO "APRENDEMOS XUNTOS" ,A MARABILLOSA REPRESENTACIÓN TEATRAL:

"A FUNDACIÓN DA GRANXA -ESCOLA

CARAPUCHIÑA VERMELLA"

SE QUEREDES VER O VIDEO PREMEDE NO TÍTULO

ARCTIVÍZATE COS DEMAIS

FERMOSO PROXECTO DE COLABORACIÓN E INTEGRACIÓN DOS NOSOS ALUMNOS CO CENTRO JUAN XXIII, ONDE AS ARTES NAS SÚAS DIFERENTES DISCIPLINAS ESTIVERON PRESENTES NUN FESTIVAL QUE REALIZAMOS XUNTOS PARA AS FAMILIAS.
A CONTINUACIÓN SE PREMES ENRIBA DA IMAXE PODEDES VER ALGUNHA INFORMACIÓN DESTE PROXECTO.

http://pilarbaston.wix.com/aprendemos-xuntos



11 nov. 2014

ARTE OUTONAL

FERMOSOS  OBXECTOS OUTONAIS CREADOS POLOS ALUMNOS DE SECUNDARIA CON MOTIVOS ESTACIONAIS, MOITOS DELES ATOPADOS NA NATUREZA. NESTE CASO DIFERENTES RECIPIENTES  PARA GARDAR FERRAMENTAS COMO LAPIS, BOLÍGRAFOS ETC....
BÓTALLE UNHA OLLADA NESTA PRESENTACIÓN DO OUTONO.


http://pilarbaston.wix.com/arctivizatenooutono

O ARTE DE DECORAR CABAZAS E CASTAÑAS DE OUTONO

OS ALUMNOS DE E. INFANTIL DESENVOLVEN AS SÚA ARTES CREATIVAS CON PRODUCTOS PROPIOS DO OUTONO. ACOMAPAÑANDO A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E DO MAGOSTO, DECORARON FERMOSAS CABAZAS ALGUNHAS DELAS COA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS, ASÍ COMO FERMOSAS CASTAÑAS QUE TRANSFORMARON COA AXUDA DOS SEUS MESTRES EN MONECOS, VERMES E CARACOIS OUTONAIS.
AQUÍ TEDES ALGUNS EXEMPLOS DESTA ARTE CREATIVA OUTONAL DOS NOSOS PEQUES DE INFANTIL.