22 dic. 2014

TEATRO DE NADAL

COMO É COSTUME NO NOSO CENTRO, TODOS ANOS CHEGADAS ESTAS DATAS, OS ALUMNOS DE E. PRIMARIA "ARCTIVÍZANSE" COAS ARTES ESCÉNICAS. SEN NINGÚN TIPO DE VERGOÑA OU TIMIDEZ, AMOSAN CON NATURALIDADE ESA ARTE QUE, SOBRE TODOS OS MÁIS PEQUENOS DE PRIMARIA SON CAPACES DE TRANSMITIR, E DO QUE TODOS DISFRUTAMOS CON TENRURA.

PREME EN "TEATRO DE NADAL" PARA PODER  DISFRUTAR DESTES MAGNÍFICOS ACTORES E ACTRICES.


TEATRO DE NADAL

FUNCIÓN DE NADAL E. INFANTIL

ARCTIVÍZATE NO NADAL

ARCTIVÍZATE NO NADAL foi un fermoso proxecto realizado durante o mes de decembro co que desenvolvemos actividades variadas relacionadas coa música , a danza , o teatro e as artes escénicas.
Un conxunto artístico na que participaron os alumnos do centro dende educación infantil ata os alumnos da ESO.

Dende as artes plasticas participamos activamente no proxecto dirixido polo Concello de Cangas: Nadal con vida, onde o noso centro estivo representado polos orixinais Beléns, elaborados poos alumnos de 2º Eso na materia de tecnoloxía, baixo as directrices da súa mestras Beatriz Malvido. Presentamos cinco Beléns obtendo o primeiro premio nun dels.
Tamén os alumnos de primaria participaron na decoración das rúas coa elaboración de preciosas e creativas grilandas e a´rbores e nadal feitas con material de refugallo.

Unha terceira actividade foi programada dende o departamento de relixión onde algúns alumnos construíron berces para o neno Xesús e crearon fermosas vidrieiras marianas.

No apartado musical levamos un ano máis aos escenarios a representación de "O Crebanoces" proxecto moi interesante polo que conleva musical e humanamente no centro.

No apartado escénico teatral, os alumnos de 2º de e. Primaria e de E. Infantil, interpretaron as súas respectivas obras de Nadal, con ilusión moito esforzo e gran naturalidade.

Podemos estar contentos da participación dos alumnos en todas as actividades levando a cabo o proxecto ARTE EN ACCIÓN.

Preme na seguinte aplicación e verás un pequeno exemplo da nosa actividade artística.


http://pilarbaston.wix.com/arctivizate-no-nadal