28 mar 2015

O GALEGO É DE TODOS

 
 PREMIO CORRELINGUA 2015

O seguinte traballo audiovisual, levado a cabo polo equipo de dinamización lingüística e o departamento de educación artística, foi unha proposta que naceu cara a participar no certame do Correlingua, unha organización  sen ánimo de lucro, que favorece e promove o uso do noso idioma entre a xente máis nova.
A partir da idea da mestra de Lingua galega , Ana Otero, xunto co apoio artístico da mestra de música Pili Bastón, propúsoselle a idea aos nosos alumnos da ESO, quen de forma voluntaria se animaron a colaborar neste proxecto onde a arte lingúistica, musical e interpretativa van da man.
Por este motivo debe estar neste blog, que ten como finalidade impulsar e motivar ao alumnado a crear  e a expresar os seus sentires, ideas e accións.

Trala creación da letra do rap, buscamos unha música coa sorte de que un rapero nos regalara unha da súa propia colleita. De ahí fomos a un verdadeiro estudo de gravación e finalmente chegou a parte interpretativa. Cada alumnos tiña  que poñerse na pel dun galego ou galega, de calquera sitio de Galicia e que desenvolvera unha actividade, cada cal máis diferente.En ambentes creados coas novas tecnoloxías e pizarra dixital ou nos exteriores de onde se sitúa o centro, conseguimos esta fermosa creación, da cal estamos tod@s moi orgullos@s.

Finalmente,para a nosa grata sorpresa, este vídeo gañou o concurso do Correlingua 2015, feito que nos orgullece e nos da pulo para seguir traballando polos nosos alumnos, para que se amosen como son , e descubran e esterioricen as súas aptitudes  artísticas.

(enlace CORRELINGUA, LA VOZ DE GALICIA)


No hay comentarios:

Publicar un comentario