MÚSICA E DANZA

SAFA LUTHIERS

Creativo traballo dos alumnos de 6º de E. Primaria , no que tiveron que construír orixinais instrumentos musicais, utilizando total ou parcialmente, materiais de refugallo.



O GALEGO É DE TODOS
 Un fermosos e satisfactorio proxecto que nos da pulo para seguir amosando a creatividade e as aptitudes creativas dos nosos alumnos.
(na portada  do blog pódese ver o vídeo premiado)



 
O CREBANOCES
A danza  é unha disciplina que nos aporta  confianza, autoestima, socialización, disciplina, gusto pola beleza, coordinación, espresión, empatía.......Todas estas sensacións puidemos descubrilas no proxecto artísitico do Crebanoces, onde puidemos ver a potencialidade dos nosos alumnos.




APRENDEMOS XUNTOS 

 Dentro do proxecto "APRENDEMOS XUNTOS" traballamos aspectos relacionados coa danza e a música. No festival celebrado o día 22 de novembro no Auditorio de Cangas, coreografiamos fermosas melodías que querían representar os diferentes elementos e acontecementos que poden suceder nun bosque, tal como os seres vivos que haboitan nel, os seres  imaxinarios ou as accións onde desenvolven os fermosos contos clásicos de toda a vida. Todo isto acompañado de orixinais vestimentas cheas de colorido que describían aos diferentes personaxes que querían amosar.
Detrás destas actividades artísticas hai  moitos adxetivos que conforman a súa arte:  aquelas que forman parte do aspecto puramente humano como o esforzo, o compromiso,a ilusión, a cooperación, o respeto, a orde....e outros relacionados cos aspectos máis disciplinarios: o ritmo, o compás, a organización, a escoita, o gusto pola interpretación....
Todas elas importantísimas se temos en conta o potencial artístico que hai detrás de cada un deste nenos e nenas que son capaces de realizar estas fermosas coreografías.
No seguinte vídeo podedes observar a parte musical e coreográfica deste festival.

No hay comentarios:

Publicar un comentario